En moitos medios estaban a falar da web de Gaspar Llamazares na que resposta a preguntas con videos e certa análise das preguntas. Cando vou a velo, atopome cun problema endémico: A web só pensa no "bonito" pero non é accesible baixo nigún concepto.
Como xa estamos no ano 2.008 e deberiamos ter máis que superado ese problema fun o blog de llamazares e nunha entrada co título: "Esto si que es una web en condiciones" puxen un comentario indicando que deberían facer as cousas mellor. Ese comentario era inócuo, non tiña nada que poidese calificar coma dañino, insultante, nin fora de tema.
Coma os comentarios son moderados non se veu o momento. Cal foi a miña sorpresa ó ver que 3 días despois non aparecia visible ainda, e si aparecían comentarios con data posterior o meu comentario (28 de xaneiro).
Tras ver os comentarios que si "aceptaron" doume conta dunha cousa: LLAMAZARES CENSURA CALQUERA COMENTARIO QUE NON SEXA DE AFÍNS RECALCITRANTES
Eu non son votante de IU, para que negalo, pero sintome insultado, e que me "tomaron o pelo". Deben poñer ben claro no formulario de comentarios que só porán visibles aqueles afíns e endogámicos, o resto irán ó caldeiro do lixo.
Tristemente, vende liberdade, novas tecnoloxías, pero nada de nada

Hoxe no telexornal de Antena 3 estaban a falar do que se pode ver no SIMO, cando escoito falar do "Portatil máis delgado do mundo", o reporteiro fala do seu peso 300gr e comparan este peso co peso du cartón de leite.
Ou moito cambiaron as cousas, ou coido que 1 Litro de leite non pesa eso, ou ben o portatil pesa 800gr ou o reporteiro merca cartóns de leite de 33cl

Zara ven de entrar no comercio electrónico pero coido que un pouco alonxado do que consideraríamos boas formas ou facilidades. Nunca leo as condicións de uso, pero esta vez voteilles unha ollada porque non vía por ningún lado cal eran os gastos de envio e outras cousas parecidas.
Ó final atopeime cas condicións máis "extravagantes" e abusivas que vira en moito tempo.
[...]
Para realizar un pedido, deberá seguir el procedimiento de compra online y hacer clic en "COMPRAR AHORA". Tras esto, recibirá un correo electrónico acusando recibo de su pedido (el "Acuse de Recibo"). Tenga en cuenta que esto no significa que su pedido haya sido aceptado, ya que el mismo constituye una oferta que Usted nos hace a nosotros para comprar uno o más productos. Todos los pedidos están sujetos a nuestra aceptación y le confirmaremos tal aceptación enviándole un correo en el que le confirmamos que el producto está siendo enviado (la Confirmación de Envío). El contrato para la compra de un producto entre nosotros (Contrato) quedará formalizado únicamente cuando le enviemos la Confirmación de Envío.
[...]
Vamos, que eu pago uns productos, eles collen os cartos, e non hai ningún pedido, acabo de facerlles unha oferta, que eles aceptarán ou non e de ahí sairá o pedido. Esto é moi raro, sobre todo porque non sei que facer ante o descoñecemento do prazo de entrega, a lexislación española permite anular o pedido (que aqui non existe) cando se incumplen as datas ou non se facilitan. Pero bueno, imaxino que o terán en contra ... ¡ Pois non !
[...]
Los contratos de compra de productos a través de nuestro sitio se regirán por la legislación irlandesa.
Cualquier controversia que surja o guarde relación con dichos contratos será sometida a la jurisdicción no exclusiva de los juzgados y tribunales irlandeses.
[...]
Coido que os que merquen deberán acollerse á lexislación Irlandesa nesa materia, que por certo non teño nin idea cal e, e ante a duda non mercarei.
Outro exemplo é que a Lei en España permite que podamos ver o producto e devolvelo si non é o que esperamos sin ter que dar explicacións, no caso de Zara Home en Internet, esto non é posible, e só nos devolverán os cartos si o producto está "exactamente" igual que desembalado e eles comproben que hai un problema no producto.
Si o que querían era facer unha tenda en liña, para que falasen deles, coido que o conseguiron, si o fixeron para vender coido que erraron, haberá quen compre algo, pero ó primeiro problema deixará de mercar e descubrirá, nas súas carnes, a "lexislación Irlandesa".

A rede móbil de Vodafone en Grecia ven de ser investigada por un problema de seguridade que provocou que fosen espiadas as chamadas de usuarios de este operador.
As comunicacións foron comprometidas debido a un sistema creado por Ericsson para facer intercepción legal (pinchazos legais) de chamadas dentro das comunicacións móbiles. Sendo este sistema o alterado polos espías para controlar as chamadas de múltiples persoeiros e activistas de Grecia
Máis información en: La Tejedora
Veño de deixar o tabaco, xa non disfrutaba e o corpo estaba a protestar, protesta que ó final funcionou.
Onte, ca treboada que caeu en Sevilla, camiño da casa, todo eran arrecendos dos máis variados, dende o de herba seca (acentuada pola choiva), o das flores e prantas tiradas polo vento, ... non sei, pero non lembraba esa explosión de olores, agradables, con mil lembranzas algúns e novos outros. Estou a disfrutar dun novo reencontro ca comida, cos sabores, o cafés xa voltan a ser diferentes xa podo diferencialos e clasificalos por outras medidas que "Cargado" ou "pouco cargado".

Ó final non era só unha figura:

Veu acompañado dun "mandil", unha cunca (tipo termo) e unha camiseta
Nunhas horas marcho para Pontecesures, non levarei nada desto, xa levo a maleta ben chea de mojama e productos do sur, e o corpo preparado para un bo caldo, guiso de lingua, e outros productos hipercalóricos

Non son moi amigo de participar en concursos, e para un no que participo no que sorteaban:

e tamén

Acabei gañando:

Era un concurso da canle de televisión "Calle 13", e sobre a Matanza de Texas. A miña moza xa me avisou que esa figura non queda na casa, non sabe que pode ser un xoguete "divertido", xa que se lle cambia a cabeza ó Thomas e cambiarllelas "ferramentas de traballo".


