Hoxe acadáronse 100.000.000 descargas do navegador
Firefox, unha alternativa ó Internet Explorer. Non sei cantas instalacións hai e cal é o uso real. Personalmente non o emprego moito, o consumo de recursos é excesivo, no mac emprego o Safari e o Opera.O uso do Firefox só queda cando quero ver como se amosa unha vez nun navegador da familia mozilla. Existe unha versión máis lixeira desta familia para o Mac:
Camino.
Non sei coma vai esa guerra de navegadores da que tódolo mundo fala, o único que sei é que teño traballo doble, ou triple, para facer que todo se vexa como quero que se vexa. Estándares si, estándares non ... prefiro empregar os estándares pero como non os respeta ninguén, si , nin mozilla, pois como que paso deles no último momento, no momento da finalización. Sonche as cousas que pasan cando o W3C fai os estándares e o resto non se limita a cumplilos, só limitase a reinterpretalos.