@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[30/09/2004] :: Linux vs BSD

Sempre que entra nunha conversa o software ceibe sempre está Linux coma o único ou mellor sistema operativo de este tipo, esto nace do descoñecemento da maioría na que se incluen moitos xiareiros de Linux.

Levo moitos anos empregando sistemas Unix, e sobre todo unha familia: os BSD, que poderíase dicir que son máis ceibes que o Linux, xa que permiten que ti decidas, non te obligan a ser ceibe. Segundo a miña experiencia o FreeBSD é o máis idóneo para a maioría das tarefas nas que se emprega Linux coma servidor. As razóns son moitas, longas de explicar pero suficientemente claras. Se non se emprega é simplemente porque non se coñece tanto.

Un compañeiro do traballo, que non ten contacto cos BSD pasoume a seguinte ligazón: Linux vs BSD. O texto é moi claro e indican as razóns de Matthew D. Fuller para optar por FreeBSD fronte a Linux, eu coincido con el plenamente. Antes de entrar en valoracións acerca do texto en cuestión, hai que leer a sección "What isn't this?"...

Engadido: En netcraft teñen un artigo sobre os servidores web sobre FreeBSD, de recomendada lectura, no que se inclue unha frase que di moito da sinxeleza, fiabilidade e seguridade do FreeBSD coma servidor web:

Never has an operating system used by so many been administered by so few

Comentarios

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 7 - 1921 - 319 - 18 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios