Hai patentes para tódolos gustos. HP ten unha moi particular que se define como:
"A captured image of a scene is modified by detecting an inhibit signal emanating from an inhibitor device carried by an object within the scene. In response to receipt of the inhibit signal, identifying a portion of the image corresponding to the object. The image object of the scene is modified by obscuring the image portion of the object"
Vamos, ven de patentar un dispositivo que serviría para, por exemplo, evitar que se fotografiasen persoas, obras de arte, ... que portasen ese aparello. Polo que parece HP non ten, nestes intres, interes en comercial esta tecnoloxía. Unha tecnoloxía que coido nunca funcionará. Primeiro porque, para ter utilidade, tódalas cámaras deberían integrar esa funcionalidade. Coñecendo como coñezo a algúns paparazzis esa "funcionalidade" pronto sería anulada nas cámaras.
Máis información:
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios