As vacacións son para ser disfrutadas, hai que alonxarse de todolo que teña algo que ver cunha xornada normal. Sin ordeadores, sin tecnoloxía (exceptuando a cámara MiniDV), e sen cervexa. A cervexa foi sustituida polos fabulosos viños da terra: Godello, Mencia, Albariño, Barrantes ... E como non perfectamente completado con todo tipo de delicias culinarias: Necoras, boi, cigalas, langostinos, ameixas, berberechos, mexillóns, navallas, ...
Agora que voltei toca o de sempre, traballo, "tapas" nos bares de sevilla e cervexa Cruzcampo, non é malo, pero é peor que o que tiven nas miñas semaniñas de lecer.
O traballo na empresa é o habitual pero quedanme moitos proxectos persoais por terminar e poucos folgos para afrontalos. Pouco a poco, como quen ten medo á velocidade, ireime organizando e terminarei todo o pendente para poder enfrontarme a novos proxectos. Pero eso si, como dicía una muller en Ribeira ... "Aquí facémolas cousas a modiño pero facémolas".
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios