@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[30/09/2004] :: Atarefado

A volta das vacacións do verán están a vir cargadas de traballo,  traballo na empresa e traballo nos meus proxectos persoais. Fai un mes que voltei a Sevilla, despois de medio mes na terra, e coido que teño que empezar a espabilar e frenar o meu ímpetu de traballo.

O primeiro proxecto persoal no que estou a traballar é na creación dunha administración baseada nunha interface de usuario, non web, para o MorcegoCMS. Para esto estou a empregar XMLRPC, o servidor está feito, agora só teño que crear as funcións. Ainda que o MorcegoCMS non é para facer weblogs estou a implementar a API do MetaWeblog, é moi sinxelo, e tras crear as funcións basicas como metaWeblog.newPost, metaWeblog.editPost, metaWeblog.getPost, ... extendereino con funcións máis idóneas para o MorcegoCMS. De esta forma poderanse modificar páxinas mediante a nova interface de usuario ou incluso con programas que implementen esta API coma:

Nun principio ía facer a interface de usuario en Java, ó final creo que fareino con RealBasic, xa que poderei xerar binarios para Windows, MacOSX e Linux de forma sinxela.

Comentarios

[03/10/2004] De: David :: Interesante
Eu tamen estiven pensando en implementar a API do MetaWeblog para o meu CMS. É unha opción moi interesante. A ver se teño un anaco e lle boto unha ollada...

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 3 - 1523 - 418 - 10 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios