Onte, mentres paseaba ca miña moza por Sevilla tiven unha chamada no mancontro, era Zazu que estaba comendo con Amaya e Ian Murdock. Ó final quedamos para tomar un café, que de café nada, empezamos por un Luis Felipe, e acabamos cunhas cervexas.
Ian Murdock é o fundador de Debian (é o IAN de DEB-IAN) e CEO da consultora Progeny. Estivemos falando sobre temas diversos dende o concepto de Debian, segundo el Debian e "unha cultura", eu bromeaba sobor dos "debianitas", que parecen máis unha congregación relixiosa que un grupo de usuarios/programadores dun sistema operativo, ata a polémica do seu Tablet PC con Windows XP.
A familia de Ian é de orixe escocesa, el é un gran coñecedor do folk e cultura de Escocia, así que ó final estivemos a falar de Música. Hoxe quedei en pasarlle un pouco de música galega, ainda non sei cal, pero xa farei unha selección. Aceptanse suxerencias ;-)
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios