@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[15/03/2005] :: Código aberto

As administracións, independientemente deberían posuir as fontes (código) de todalas aplicacións a medida que mercan para permitir a evolucións desas ferramentas sin ter que depender de empresas que, ademais de cobrar polo seu traballo, e moi ben, acaban cobrando unha especie de imposto revolucionario polo control do traballo que fixeron

Estamos acostumados a ver como os cartos das administracións públicas son tirados mercando varias veces o mesmo pola imposibilidade de manter o que xa teñen. Eso non só pasa aquí, fai uns días podíase ver a nova do "big dig" , un proxecto dunha autopista en Boston onde, só polos problemas dos sistemas (non falamos de bugs) van tirados 10 millóns de dólares:

Unha compañía, Trasdyn Inc., gañou a primeira fase do consurso para a creación dos sistema de xestión. Tras a primeira fase, un segundo concurso para ampliar o primeiro gañouno outra compañía, Honeywell. A primeira negouse a facilitar o código fonte da aplicación alegando que este desenrolo basease na ferramente que forma a maior parte do seu negocio, dar esto, segundo eles, suporíalles perder tódola súa competitividade. Ó final, entre xuizos, demandas e outra lerias o proxecto está parado, cun custo actual de 10M$ e subindo.

Unha cousa é que as administracións, empresas ou quen sexa, dispoña das fontes, e outras moi distinta é que estas podan ser utilizadas para calquera cousa, vamos: Codigo "visible" si, codigo "aberto" .. depende.

A AETIC (Asociación de empresas de electrónica,  tecnoloxías da información e telecomunicacións ven de amosarlle ó goberno a súa preocupación pola imposición de software libre. Coido que teñen razón. A súa preocupación plantexana moi ben no seguinte texto:

[...]"Nos parece magnífico que exista el software libre, pero estamos en contra de que se pretenda imponer de forma dogmática y apriorística su uso desde las administraciones públicas en detrimento del comercial. Ambos deberían competir libremente para que, en cada caso, se optara por uno otro en función de argumentos serios”[...]
Jesús Banegas, presidente de Aetic.

Comentarios

[15/03/2005] De: David :: Depende
Visto dende a perspectiva da empresa, é evidente que non se ve con bos ollos o impoñer o software libre, pero visto dende os ollos dos cidadáns é o que se debería facer. Porque, ¿para qué gastar miles de millóns ó ano en licencias de software cando o 90% se poderían aforrar?. O problema é que as empresas están demasiado afeitas a que a administración pague sen pensalo ainda que sexan presupostos desorbitados...
[15/03/2005] De: Dr Zippie :: Hai software e software
Podese aforrar moito con software libre, do tipo OpenOffice, Linux coma sistema operativo, pero eu referíame a ferramentas moi específicas. A programas ou sistemas completos de xestión para solucións concretas, coma ferramentas de GIS, Administración de contas, xestión e administración de recursos, xestións documentais, ... para as que non hai "oferta" dentro do software libre.
[15/03/2005] De: David :: Dende logo
Pero ahí o 10% que comento...

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 20 - 107 - 317 - 20 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios