@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[22/10/2005] :: Contrasinais por defecto

A maioría dos problemas de seguridade radican en problemas dos usuarios, non importa como de seguro gardemos a información si esta témola en mans de persoas que descoñecen o sistema ou de administradores que fan que sexa sinxelo para os usuarios sin pensar nun método intermedio.

Un exemplo témolo nun problema moi grave polo que información de milleiros de alumnos e mestres foi visible no estado de California simplemente porque os mestres, todos, tiñan un contrasinal por defecto igual para todos. Así, si tecleabas o nome dun mestre e a contrasinal por defecto (sempre que non fose cambiada polo mestre) tiñas aceso a todo.

Teño como norma empregar sistemas de contrasinais sempre dun sentido (hash), que permiten comprobar un contrasinal pero nunca permite ver cal é, ademais de esto, si teño que xerar contrasinais para usuarios sempre emprego un método sinxelo e diferente, algo coma:

contrasinal = 5_caracteres_de(  md5( nome + apelidos + CONSTANTE ) )

Eso só para crealos contrasinais orixinais, a partir de ahí o usuario ten a obligación de cambialos, de forma segura, e ahí xa é responsabilidade do usuario, si pon unha facil ... os problemas serán del, fagolles sempre entender que o contrasinal é algo persoal e intransferible, coma a súa tarxeta de crédito, o seu D.N.I., a súa firma.

Comentarios

[22/10/2005] De: el niño de la guía :: md5 is dangerous
md5, (eu também utilizo) nom é de tudo seguro, o algoritmo tem colisões e existen em Internet bancos de dados com hash inversas geradas de wordlists etc. Muito mais seguro, aliás, que o plaintext.

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 11 - 2010 - 513 - 5 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios