Veño de recibir varios agasallos en poucos días, o martes chegoume un paquete con 10 copias de
Ubuntu, 8 para Intel e 2 para PowePC. Todas foron repartidas.
Ese mesmo día chegoume un bolígrafo e un portaminas de prata co meu nome e un caderno de escritorio grabado tamén polos 5 primeiros anos na
empresa.
Hoxe, para rematares, recibín unha licencia Profesional de
RealBasic con un ano de mantemento incluido, por ser un dos 100 maiores "referenciantes" da súa promoción do RealBasic para Windows. A licencia é para windows, pero bueno, nuns días recibirei outro "agasallo" un portatil Dell completiño que servirá para compilar aplicacións en RealBasic para Windows, Mac OS X, Mac OS 9 e Linux. Esto implica que o IDE de administración do MorcegoCMS está a caer. ;-)
Espero tamén acadar un pequeno "
mac mini" antes dun mes. Esto estase a voltar un pouco
Geek, con aparellos de tódalas cores, tamaños e formas.