@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[18/10/2004] :: Dous monitores

Á hora de escoller un portatil Mac atopamonos con diferencias entre os iBooks e os PowerBooks, máis que diferencias son limitacións por parte de Apple para os iBook, entre elas a cantidade de memoría máxima e unha que é relativamente importante:

Os iBook non permiten empregar un escritorio extendido (con dous monitores á vez) nin tampouco permiten ter un monitor externo a máis resolución que o monitor TFT do portatil. Esta limitación poñena para que no ámbito 100% profesional só se empreguen os PowerBook en vez de ha opción máis económica dos iBooks.

Esta limitación non é realmente insalvable, mediante o Screen Spanning Doctor, neste momento estou a traballar sin problemas no meu iBook, un G4 800, con dous monitores, teño agora máis espacio e orden á hora de traballar. Nunha os editores, noutra o navegador, ou, coma esta tarde, mentres estaba a resposta-lo correo e facer unha copia de seguridade estaba a ver un DivX no segundo monitor ;-)

Comentarios

[19/10/2004] De: nubeiro :: Eu tamén pasei por esa ;-)
O Screen Spanning Doctor foi unha das primeiras cousas que lle metín ó iBook, que por certo, é exactamente igual ó teu. O que me gustaría é conseguir o mesmo coa configuración das X da Debian ppc. Seguro que hai alguén que xa o fixo.
[19/10/2004] De: Dr Zippie ::
Eu púxeno onte, non tiña presa, dende xaneiro con el e sen problemas tiña curiosidade por ver que tal ía. Agradable sorpresa, agora teño un entorno de traballo moito máis grande. Sobor do Linux ... non teño nin idea, dubido moito que lle instale algún día un Linux ó pequeno, coido que non me aportaría nada que non teña xa no actual sistema operativo.

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 14 - 115 - 210 - 14 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios