Tras un comentario de Dorfun coñecín a existencia de Nikon D70. As dúbidas sobor de si Canon 300D ou Nikon D70 foron pronto aclaradas, primeiro polas características da Nikon fronte a Canon, e logo porque o fotógrafo e "tertuliano" Jorge Ogalla recomendoume Nikon, ademais de ofrecerme un obxetivo 80-200 para esta cámara.
Xa fai tempo que está pedida, a demanda é moita e hai uns tempos de espera moi grandes. Para máis carallada foron roubados no aeroporto de Schiphol (Amsterdam) 18 caixas que contiñan un total de 108 Nikon D70 que viñan para España, así que a esperar máis, non se pode facer máis.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios