De vez en cando recibo algunha que outra oferta de emprego de sitios de busca de traballo, é unha forma de ver como vai o mercado laboral. So recibo ofertas de Galicia, ainda que estou en Sevilla, para non perdelo "norte".
O que segue sin sorprenderme non son os soldos dalgunhas ofertas senón os collóns que teñen algunhas empresas á hora de redactalas, saltándose leis coma o "Estatuto dos traballadores".
Para mostra a seguinte oferta dunha "empresa" da Coruña: Oferta de explotación, onde buscan unha persoa que traballe de valde 3 meses ... o eufemismo é claro:
" Necesitamos persona con conocimientos en la de paginas web con Base de Datos y Cesta de la compra.
El puesto tiene un periodo de prueba de 3 meses, despues del cual una vez finalizado , existe la posibilidad real de incorporarse en plantilla. El periodo de prueba no es remunerado.
[...]"
Incrible, deberíase plantexar un boicot a este tipo de empresas, que xogan cus custos máis baixos que o resto, empregando recursos amorais e alegais.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios