Fai hoxe 15 anos que BT entraba no mercado español das telecomunicacións, 15 anos durante os que foi medrando e madurando nun mercado complicado dominado por Telefónica. Neste momento pode presumir de ser a empresa de telecomunicacións máis valorada do sector, unha empresa que sabe escoitar ós seus clientes e aporta solucións.
Levo xa uns anos traballando en BT, máis concretamente en Arrakis, anos nos que descubrín que unha multinacional non ten porque ser fría. Para BT os traballadores son a parte interna máis importante, máis que as infraestucturas, tecnoloxía, ... xa que son eles os que a dominan, por eso o trato BT-empregado sempre é cordial, saben escoitar, toda crítica é sempre constructiva.
BT non se anuncia nos medios, vai directamente ó cliente, ese cliente non é o cliente residencial senón as empresas, pequenas ou grandes, non hai diferencia, todas teñen un interlocutor. En breve empezarán a emitirse uns anuncios de BT a nivel mundial, non tratan de vender nada, só reforzala marca, para os que teñan curisidade podense ver formato Mov, DivX 5 ou Mpeg.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios