Este fin de semana estiven en Pontecesures, na miña terra, onde celebrouse a XI Festa da Lamprea, o pregón foi a cargo de Xosé Neira Vilas. O tempo non foi especialmente malo, moi lonxe do temporal que dicían no "telediario".
Tiven pouco tempo para ver a tódo o mundo, sonche cousas que pasan cando só tes dous días, pero foron intensos. Entre as conversacións que tivemos estivo unha, moi intensa, sobre os funcionarios, e o concepto de "traballo para sempre". Hoxe amanecemos cunha nova sobre Jordi Sevilla, Ministro de Administracións Públicas, que di:
"Se acabó el que estos empleados crean haber obtenido un puesto para toda la vida, se desempeñe como se desempeñe"
Coido que o seu plantexamento, que eu considero correcto, vai a traer algunha "movilización" xa que é un colectivo moi especial, e o simple plantexamento de que ese estatus non será vitalicio non é algo que lles agrade.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios