Cando Google sacou o seu servicio Gmail en probas empezaron a surxir moitas subastas en lugares coma Ebay. Os precios podían rondar os 100$, agora o que saca 20$ xa pode darse por satisfeito. Segundo un rumor Google acaba de dar 6 contas extra a os actuais usuarios de Gmail (entre os que non me atopo). Este incremento no número de contas implica máis oferta e o consecuente descenso nos "prezos".
Non podo negar que gostaría de ter unha conta en Gmail, pero non estou disposto a pagar por ela ... e non teño presa. O uso principal será o de gardarlas mensaxes das listas de distribución. Segundo acabo de ver en minid.net hai moitos trucos, coma un realmente importante: A posibilidade de empregar, supostas, diferentes contas de correo para recibir o correo e logo filtralas.
Exemplo sendo a conta real probas@gmail.com:
Podo recibir o correo en probas+listaphp@gmail.com, ou probas+blobaliza@gmail.com , ... estes nomes comportaríanse coma alcumes.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios