@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[07/09/2004] :: iWork - unha aplicacion imprescindible

Imagen  iWork - unha aplicacion imprescindibleNon lembro como descubrín o iWork, unha pequena aplicación que só custoume 29$, un prezo mínimo para o que fai esta aplicación.

O iWork é un xestor de clientes e proxectos para Mac OS X, que integrase co iCal, e permite ter un control completo de tarefas, custes así como xerar presupostos e facturas.

Totalmente configurable permite activar un contador (cronómetro) cando se está a realizar unha determinada tarefa e vai engadindo ó proxecto ese tempo coma tempo a facturar (ou invertido nel si non lle puxemos custe). Incluso permite indicar arquivos que pertencen ó proxecto (file Cabinet) e cando se abren para traballar con el activan o cronometro.

A integración cas diferentes aplicacións do Mac OS X permite unha morea de cousas moi interesantes e importantes: Exportar ó calendario as tarefas feitas (para ver de forma visual a que te adicaches); enviar directamente as facturas, presupostos ou informes ó cliente por correo electrónico ou fax; facer un "mailing" ós clientes...

Os informes predefinidos, xa moi completos, podense modificar xa que son arquivos .rtf con etiquetas que sustitue o programa con diferentes valores.

Descoñezo que outras aplicacións similares hai para outras plataformas pero dubido que exista unha millor na relación calidade/prezo. So ten un "pero": Só está en inglés, pero non é problema xa que, como comentei, as saidas (informes, presupostos, facturas) son modificables.

Agora xa teño un control claro de canto tempo lle adico as diferentes tarefas que compoñen un proxecto e a ós diferentes clientes (amigos), de esta forma podome facer unha idea do que valdría o meu traballo si o cobrase. ;-)

Comentarios

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 11 - 1417 - 47 - 16 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios