Onte vin Kill Bill Vol 2, esta película pasará a miña lista de "Mojon Movies". Non merece nin comentala pero, ainda así, fareino. Sobra gran parte da metraxe, e a que non sobra tampouco fai moita falla que digamos. Dialogos moi valdeiros e sempre tratando de alongar ese filme que ven podería ser un corto. Non hai esas fontes de sangue da primeira parte, non hai elementos memorables, por haber caseque nin hai acción.
O único salientable é que o seu director, Tarantino, sabe como vender unha película. Só cos créditos da película, no que aparecen tódolos actores e escenas salientables das dúas entregas, está vista a película. Previsible, lenta e aburrida.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios