En moitos medios estaban a falar da web de Gaspar Llamazares na que resposta a preguntas con videos e certa análise das preguntas. Cando vou a velo, atopome cun problema endémico: A web só pensa no "bonito" pero non é accesible baixo nigún concepto.
Como xa estamos no ano 2.008 e deberiamos ter máis que superado ese problema fun o blog de llamazares e nunha entrada co título: "Esto si que es una web en condiciones" puxen un comentario indicando que deberían facer as cousas mellor. Ese comentario era inócuo, non tiña nada que poidese calificar coma dañino, insultante, nin fora de tema.
Coma os comentarios son moderados non se veu o momento. Cal foi a miña sorpresa ó ver que 3 días despois non aparecia visible ainda, e si aparecían comentarios con data posterior o meu comentario (28 de xaneiro).
Tras ver os comentarios que si "aceptaron" doume conta dunha cousa: LLAMAZARES CENSURA CALQUERA COMENTARIO QUE NON SEXA DE AFÍNS RECALCITRANTES
Eu non son votante de IU, para que negalo, pero sintome insultado, e que me "tomaron o pelo". Deben poñer ben claro no formulario de comentarios que só porán visibles aqueles afíns e endogámicos, o resto irán ó caldeiro do lixo.
Tristemente, vende liberdade, novas tecnoloxías, pero nada de nada
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios