@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[30/06/2004] :: Mercando cousas para o iBook

Imagen  Mercando cousas para o iBookCoido que o meu iBook xa caseque está completiño, despois de meterlle 512Mb máis da compañía GEIL, e unha grabadora de DVD externa Iomega está para ser disfrutado.

O incremento de memoria notase, era necesario. O do DVD é para poder reducilo espacio que me ocupan os CDs de Fotografías e material diverso que inunda o meu espacio de traballo.

Teño varias compras máis en vista, pero non teñen presa:

  • Unha cámara dixital Canon EOS 300d.
  • Un disco duro externo de máis de 120GB.
  • Unha tarxeta WIFI para o Mac, unha Airport Extreme.
  • Unha cámara Mini-DV.

Comentarios

[01/07/2004] De: David :: Ains
Que envexa. Sempre quixen ter un portátil Mac. Bueno, máis ben calquer Mac :P Coido que a todos os que nos gusta a fotografia dixital queremos unha Canon EOS 300D...
[01/07/2004] De: Raúl :: a canto o mega?
Caramba, eu estaba pensando en comprarlle tamén os 512Mb de memoria ó meu. ¿Saíuche moi cara? Aquí en BCN cústame 140€ na tenda do Mac. ¿Sabes qué tipo de memoria é exactamente? Se cadra podía buscala noutras tendas. Eu a tarxeta Airport Extreme xa a teño no meu, foi o primeiro que lle metín, na biblio da Pompeu Fabra podes leva-lo portátil e conectarte á súa rede, mola ;-D. Saudiños
[01/07/2004] De: Dr Zippie :: Prezo do mega
Eu merqueina en alternate.net. Foron 114 Euros máis gastos de envio + contra-rembolso: 124 Euros. Pedina unha tarde e ás 10 da mañá do día seguinte xa a tiña no meu poder, 5 minutos despois xa estan no "pequecho".
A memoria e unha PC2100 266MHz DDR SO-DIMM (200 Contactos), hai moitos fabrigantes: Samsung, Kingston, GEIL, ...
[05/07/2004] De: dorfun :: alternativa á eos300d
...eu tamén pensaba (soñaba) coa eos, pero últimamente a nikon d70 ándame a facer as beiras... ó mellor deberías sopesar esa opción...
[08/07/2004] De: xas ::
Mira que cousa linda fai este home coa Canon 300D www.abeatexperience.com/experience/ Dame a impresión que non só é a máquina. Saúdos.

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 16 - 721 - 116 - 16 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios