@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[10/05/2005] :: Moito traballo

Fai tempo que non escribo no Blog, non é por falta de ganas, é por falta de tempo. Ando moi liado no traballo e con moitas cousas á vez:

  • Dende limpar e refacer parte do MorcegoCMS, acabo de subir a versión 1.0.5 e ando a meter documentación no wiki.
  • Montar varias páxinas:
    • A da xornalista Marina Bernal, que nun principio tratei de facer co Textpattern, e tras moito sufrir acabei facendo co MorcegoCMS.
    • Un proxecto de varios xornalistas: Sevilla Press, no que non paran de meter novas. Está feito co Props, mentres se finaliza o deseño eu ando a traducir ó castelán a administración e facendolle algunhas melloras. Sin dúbidas, o Props, está moi ben pensado e desenrolado. Tocar algo, do código, é moi sinxelo.
  • Probando e avaliando a nova versión do  Laszlo (a 3), que ven ca posibilidade de facer webs que non requiren o servidor. Si non o coñecedes so mirar os exemplos. E o competidor libre do Macromedia Flex.
  • Deseñando unha ferramenta de administración para o Servidor Virtual que aluguei a Lycos para xerar contas de correo, FTP e web. Non é complicado xa que teño o correo e o ftp validado tras un MySQL.
  • ... E moitas cousas máis

Comentarios

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 16 - 1819 - 35 - 3 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios