Co nacemento das punto com empezou a soar máis a menudo a frase "morrer de éxito", algo moi sinxelo de entender, pero polo que parece dificil de preveer.Para o que non saiba que significa esto, na seguinte ligazón ten unha explicación bastante sinxela: Morrer de éxito .
Fai uns días pedíronme que quitase un formulario de contacto dunha web, dunha empresa do ramo da construcción, xa que a cantidade de información solicitada (dubidas, e información comercial) era xa demasiada, non había tempo material para respostala, e menos para aceptar máis traballo.
Estamos ante un caso similar, no que abren unha nova porta de acceso a posibles clientes, e ó momento pechana por que considerán que non poden dar máis de si, é algo entendible, pero ... ¿ nestes casos que se debe facer ? ¿ Amplia-lo negocio ? ¿ Estancarse e manter o actual ?
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios