Xa estamos asentados no piso que mercamos en Triana a miña moza máis eu. Agora só queda o traballo de mover as cousas do anterior piso ó novo, están moi preto polo que será con moitas viaxes con todo tipo de maletas.
Onte chamei a Ono ás 11:00 da mañá para dar de alta o servicio de TV + Teléfono + Internet 1Mb, dúas horas despois charmaron para dicirme que ás 17:00 estarían no piso para poñelo todo. Eso si que é velocidade. Ó final quedaron sen poñelo teléfono, que estará nun par de días. O máis importante, o aceso a Internet, xa está.
Durante dous días estiven sin internet na casa, e vin o dependente que son, coidaba que non a necesitaba para o traballo que tiña que facer: Modificala Web de Arrakis para facela máis acesible e unha versión completamente acesible desta web. No meu portatil restaurei unha copia de seguridade da web e, sin problemas, xa podía traballar, os problemas empezaron a chegar cando dinme conta que a sintaxe de moitas funcións en php non as sei, levo anos empregandoas pero nunca ás memoricei, sempre teño ó lado o manual en liña de php. Na casa esquencera ese punto, co que estaba a traballar moi lento, cada vez que tiña unha dubida ... a buscar no código outro sitio ca mesma funcion e a tomar notas.
Está máis que claro, dame un manual e programarei na linguaxe que platexen, quitame o manual ... e a sufrir. A xente que di, "sei programar en más de tropecentas linguaxes", pois eun non ... eu en só emprego o que necesito e pronto esquenzo para recuperar espacio na miña cabeza para a nova linguaxe ou plantexamento.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios