@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[31/01/2005] :: Un novo Estatuto para Galiza

Estase a elaborar un proxecto de Novo Estatuto por parte dun grupo de intelectuais ou expertos en determinadas áreas.

Hoxe acaban de publicar un pequeno cuestionario que me fixeron na sección de Opinión.

Segundo podese ler nas miñas respostas coido que temos que crer en nós... e adaptarnos ó entorno, tendo máis que claro que si podemos modificalo entorno debemos facelo, non debemos acomodarnos ó que xa está: Orgullo, realismo e vontade de cambio.

Comentarios

[03/02/2005] De: fernando parracho ::
Considero que a gran diferenza entre Euskadi ou Catalunya e Galicia, é que eles si teñen gobernos que desenvolveron o seus estatutos de autonomía. Eu bótoo en falta un goberno que crea neste cacho de terra e deselvolva todo o noso estatuto, logo si sería a hora de discutir dun novo. Non teño moita confianza, nen no Partido Popular nen no PSOE, e unha pouquiña máis(non demasiada) no BNG. Este é o país que temos, non hai outra. Vémonos
[03/02/2005] De: EMF ::
Pero existe alguem que queira um novo estatuto de autonomia para a Galiza?. Eu pensei que só existía o plano Ibarretxe :-)
[03/02/2005] De: Antonio Cortés (Dr Zippie) ::
Eu non sei si he necesario un "novo" estatuto, pero si creo que debemos adaptalo ó momento actual. P.D.: Perdoade que os comentarios non se amosasen ó momento, engadinlle unha opción para poñer textos con data posterior á de hoxe, e o Morcego determinou que estes comentarios eran para "mañán"
[09/02/2005] De: EMF ::
Eu penso que o "café para todos" de Suárez nom é coherente co articulado da constituciom espanhola que expresa que existem "nacionalidades históricas". E iso debe reflexarse, digo eu, nuns novos estatutos para as nacionalidades históricas que así o quixeram -Euskadi, Catalunya e Galiza mínimo.

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 20 - 1510 - 49 - 14 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios