@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[04/09/2005] :: Novo teclado

Levo xa un ano e nove meses co meu iBook, sempre pensei que non lle facia falla un teclado. ¡ Que equivocado estaba !. Para cambiar un pouco a organización do meu espacio de traballo merquei un teclado de mac (dos máis sinxelos), a diferencia entre traballar co teclado normal e o do portatil é moi grande. É moito más facil escribir, sin erros, cun teclado de verdade que co teclado da "miniatura".

Agora teño o portatil nunha base elevada, e o teclado debaixo, non teño que mirar para el,agradecense as clases de mecanografía que tan pouco utiles son cos teclados dos portatiles, e por fin recupero a tecla de "suprimir" que non existe nos teclados dos portatiles de Apple.

O que me falta agora é cambiar de mesa, a que teño non é idonea para traballar con dous monitores, non pola falla de espacio senón porque ten unha caixoneira que non se pode mover e o espacio que deixa para as pernas é moi reducido, non se pode xirala cadeira así que a traballar co corpo coma se fose o xelado ese do "pirulo".

Comentarios

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 12 - 1510 - 318 - 20 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios