Xa está o Rocío ás portas, nunca millor dito ... porque hoxe estaban as irmandades de Triana na porta da miña casa. Dende primeiras horas da mañán, barullo e a tirar foguetes. Tódolos días paso pola rúa Castilla para ir a traballar, é unha rúa non moi longa, hoxe pola mañá fixoseme eterno. xente e máis xente cos seus emblemas de irmandade, cantando, xerreando, preparandose para o camiño que os levará ó Rocío. Esta xente parece que só pensa na festa, e cando está de festa as boas formas non existe, todo e de seu, todo e permisibidade. Cando chegue a casa, na tardiña, voltarei ver Triana ca tranquilidade que se lle supón.
Xa non verei carretas e máis carretas cheas de xamón, gambas, cervexa e cantos rocieros. Xa non verei os panos a cadros brancos e grises que levan o pescozo. Non verei ós bois, cabalos, mulas e todo terrenos tomando as rúas.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios