Fai algo máis dun ano naceu
pontecesures.net , ca intención de ser unha pequena hemeroteca onde rexistrar o pasado, presente e futuro do concello de Pontecesures. Pouco a pouco, gracias a colaboradores coma Carmen Barreiro, Fruqui e Rodrígo, foise ampliando, tendo cada vez máis información que aportar: Tódolo que atopábamos na prensa, artigos sobre a historia do concello, persoeiros, deportes, cultura ...
O formato co que naceu foi o de weblog colectivo no que se poden engadir comentarios ás entradas, comentarios que servirían para
aportar máis información á entrada ou
amosar a opinión dos cesureños sobor do tema. Ó final, o panorama é moi escuro, entre a crise actual do concello (que atanxe á corporación e a oposición), e o panorama que podemos ver na prensa, as entradas fan que o noso concello pareza unha serie de Antena 3, continuación de "Aquí no hay quien viva". A web non é de ningunha cor, nin de esquerdas, nin de centro, nin de dereitas, ... as entradas que veñen dos xornais, a maioría das veces, si son partidistas e iso é cousa dos xornais non da web que é unha pequena "hemeroteca" do que eles poñen.
Estou un pouco canso, é un ano de traballo, moito esforzo para facer algo que perdure e que parece que estase a transformar nunha arma política por algúns, e nun sitio onde poñer o que cada quen pensa (sin vir a conto algunhas veces), e non no sitio onde ter unha visión do concello amplia, tanto para os cesureños coma para os de fora.
Sempre creín na auto-xestión, e seguirei crendo nela, coma a mellor forma de que esta web, coma a maioría de organizacións de persoas, faría que ante momentos de crispación o solventasen con mesura e bo facer. Coido que estaba un pouco equivocado, a moita xente encheselle a boca con termos coma "censura", "libertad de expresión", ... e nin por un momento se poñen a pensar nos demais, nin no medio no que teñen a liberdade para opinar. Moitos opinan, menos aportan. É mais, quero que a xente escriba, que conte o que non contan os medios, que diga o que está a facer, que anuncie o que pode ser interesante para os outros veciños.
O día a día de traballar, e recibires críticas e máis criticas, ataques directos, ataques velados, ... e ningunha solución ou aportación é algo frustrante. Exemplos podo poñer moitos, pero só vou poñer un: ¿ Cómo é posible que teñamos entre xullo e agosto 14 actos culturais no concello dentro dun mesmo programa e na web so temos un (o do cine nas festas de Porto) ?, aqueles que critican, que satanizán o medio, porque segundo eles falase sempre do mesmo, que manden os programas, calquera cousa. Sei que no concello estanse a facer cousas, pero non se ven, e menos aquí en Sevilla.
Só unha petición, respetade as normas, ou discutide sobre elas, todo podese cambiar. Pero non facer que esté a cada momento poñendo recordatorios, e obligarme a facelas cumplir, coma no caso da nova da "Fotocopiadora da discordia", na que só 5 comentarios de 38 ían sobre a entrada, e na que tras un aviso ainda estabase a engadir comentarios fora de tema, estando de vacacións tiven que ocultala para quitar os comentarios que estaban fora de tema despois de este aviso, ... que como non podía ser doutra forma foron todos.
Queda este espacio para que, quen queira, critique, suxira ou diga o que lle parece a web, e non enferuxaremos así esa páxina con comentarios sobre a xestión, mantemento e o día a día.
Un Saudiño,
Antonio Cortés