Veño de deixar o tabaco, xa non disfrutaba e o corpo estaba a protestar, protesta que ó final funcionou.
Onte, ca treboada que caeu en Sevilla, camiño da casa, todo eran arrecendos dos máis variados, dende o de herba seca (acentuada pola choiva), o das flores e prantas tiradas polo vento, ... non sei, pero non lembraba esa explosión de olores, agradables, con mil lembranzas algúns e novos outros. Estou a disfrutar dun novo reencontro ca comida, cos sabores, o cafés xa voltan a ser diferentes xa podo diferencialos e clasificalos por outras medidas que "Cargado" ou "pouco cargado".
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios