@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[06/10/2004] :: Televenta de Telefonica Móviles

Chamada de teléfono recibida dende un número oculto. Non me gusta non saber quen é o que chama, e menos cando se trata de chamadas de este tipo. Unha voz feminina (T, a partir de agora), empeza a falar.
  • T:  Buenos días.
  • Eu: Buenos días.
  • T: Le llamo de Telefónica Móviles [ ... ]
  • Eu:  - Silencio, eu non son cliente de Telefónica móviles senón de Amena, así que como que non sei a que ven esta chamada.
  • T: ¿ Es usted el titular de la linea 654.XXXXXX ?.
  • Eu: Si.
  • T: ¿ Me puede decir su nombre ?.
  • Eu: ¡¡ ¿¿ Para qué ?? !!
  • T: ... Para ... para ... para poder dirigirme a usted.
  • Eu: ... ANTONIO.
  • T: Antonio, le estamos llamando para ofrecerle el cambio a Telefónica móviles [bla, bla, bla, ...]  sin que por ello tenga que cambiar de numero.
  • Eu: ... Silencio ... .
  • T: Le voy a hacer, sino le importa, una pequeña encuesta. Los datos de esta encuesta serán guardados en una Base de datos [bla, bla, bla, ..] podrá ejercer el derecho de cancelación [bla, bla, bla, ...]
  • T: Es usted particular o empresa.
  • Eu: ¡ Disculpe !,  no quiero que mis datos formen parte de esa base de datos y menos responder a su cuestionario. Cuando quiera cambiar de compañía, móvil, o marca de galletas se lo que hacer. O botón de colgar que gran invento, fin da chamada.
Esto é  unha chamada real, que tiven onte,  esto é unha comunicación non solicitada, moi molesta, sobre todo porque ó final fanse con datos teus para futuras "ofertas comerciais", cando non o quero, non o necesito e moito menos teño tempo para aturalas. Este tipo de chamadas o azar, ou non tanto,  xa que son un cliente con moitos anos en Amena, non me gustan nada.

Comentarios

[06/10/2004] De: dorfun ::
...por algún lado, noutra bitácora, había un escrito deses que che indicaban que ante a non contestación incluíante na súa base de datos... e a resposta do titular era a mesma, pero facendo referencia a deitarse coa muller do asinante... ...é que xa é indignante!!!...
[19/11/2004] De: jam :: Caso igual
A um companheiro de pisso meu pasou-lhe o mesmo, mas neste caso el é cliente de Vodafone. Eu tamém som cliente de Vodafone, e espero nom recibir umha chamada de Telefónica para cambiar-me de companhia, cousa que farei quando eu o considere oportuno (e por agora nom o considero).

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 14 - 65 - 38 - 8 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios