Nantronte, na casa, estaba a ver na televisión a explosión dunha bomba en Santiago. A orixe non eran os de sempre (ETA), nin os de fora (Terrorismo Internacional) senón os nosos, unha panda de raparigos con pouca cabeza e moitas hormonas.
Non entendo o emprego da violencia coma forma de acadar un obxetivo, non creo nestes descerebrados, o que máis sorprende e que, dous días despois, non se ve nada novo nos xornais, non se ve nada novo no blogomillo, eu a 1.000 km da miña terra só podo quedarme a darlle voltas ó maxín, tentando saber que carallo pasa que ninguén se move, é como si fose unha pequena falcatruada, unha trasnada de San Xoan, uns raparigos xogando con mistos, cando en verdade estamos ante algo máis grave que ó principio sacaba a miña xenreira e agora, que non vin comentarios en ningún sitio nin valoración, sintome moi decepcionado.
Falando ca miña moza, extremeña, a única conclusión á que chegamos é que xa estamos inmunizados de todos. Ela, coma periodista, confirmabame como funcionan os xornais: Fanse duas preguntas tras un atentado, ¿ Hai mortos ? ¿ Hai rapaces feridos ? si a resposta ás dúas preguntas é a mesma : NON, entón a nova pasa a un segundo plano.
E triste que estas cousas pasen, pero máis triste é que non se lles preste ningunha atención.
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios