Tódolos días, ademáis do consabido SPAM, recibo os típicos Powerpoints con imaxes de dubidosa moralidade, e chiste de menos gracia. Hoxe a cousa foi a inversa, tras amosar un pequeno video todo o mundo empezou a pedirme que llo enviase. Non deixa de ser pouco usual, porque non contén nin tetas nin nada escabroso, só conten un util sistema de axuda no fogar, unha forma rápida e sinxela de doblar as nosas camisetas.
Non sei si é que estamos a madurar, ou hai verdadeira necesidade de facer sinxelo o incordio de ter que doblar as camisetas. Sexa o que sexa, aquí está o Video de como doblar unha camiseta en dous pasos
É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios