@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[10/08/2004] :: Vacacións 2004

Imagen  Vacacións 2004Hoxe é o meu aniversario, coma é usual por estas datas, pouca xente hai con quen celebralo, a maioría está de vacacións, esas vacacións que empezarán este venres. Estarei na terriña ata fin de mes.

O primeiro agasallo que recibín foi unha botella de Brandy Luis Felipe gran reserva, que disfrutarei. e ben disfrutado, en Galicia, ese brandy ten máis do doble da miña edade, así que o pracer virá moi de vagar.

Como sigo esperando a Nikon D70 e parece que non chegará ata despois das vacacións merquei unha video-camara Mini DV, unha JVC DX27, para, polo menos, poder deixar rexistrado o movemento da mexilonada que facemos en Porto (Pontecesures) o penúltimo xoves de Agosto. Unha festa na que se reparten 2.500 kilos de Mexilón e uns 1.500 litros de cervexa e viño de valde.

As primeiras probas ca Mini DV foron realmente impresionantes, esto de poder controla-la cámara co portatil, e logo xerar un DVD cas imaxes con sólo un par de movementos do rato coma que facilita as cousas.

Comentarios

[10/08/2004] De: dorfun ::
...pois noraboa!!! ...vaia cos auto-agasallos que fas!!!
[10/08/2004] De: opaco :: Parabens
polo teu aniversario... e polas tuas compras ;-)
[10/08/2004] De: Dr Zippie :: Casualidades
Esto de estar lonxe de todos provoca algunhas situacións dificiles de controlar. A botella de Luis Felipe foi o agasallo dunha amiga, trini. hoxe a miña moza preguntoume por telefono, ela está en Malaga e eu en Sevilla, que me regalaran, eu dixenlle que o brandy... algo notei na súa voz, ó final ela tamén mercara o mesmo brandy, e unha casualidade, pero polo menos arranxarase, ela virá o día 26 a Galicia e virá con outro agasallo. Ela tomou a casualidade coma ten que tomarse, eu quedei algo doido por ela, porque ela mercouno con toda a ilusión... sonche cousas que pasan.
O único que se pode sacar disto é que é moi dificil atopar un agasallo para min, xa que si algo quero trato de conseguilo e non quero nada que non poida acadar.
[11/08/2004] De: David :: Moitos parabens!
Disfruta dese estupendo brandy. Toma unhas copas á dos teus fans...
[11/08/2004] De: DuKeUrIeL :: Vaia oh!
... e eu que ía regalarche unha botelliña de Reserva Especial :D Sinto moito que sexas un ano máis vello :) Por certos, ti cantos anos tés? Eu tan só teño un... ;)

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 4 - 1321 - 27 - 6 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios