
Acabaronse as vacacións, estiven un par de semanas en Galicia, no meu pobo, Pontecesures. Sempre vou por estas datas para estar na festa de Porto, unha festa impresionante onde se reparten uns 2.200 Kg de Mexilóns, viño e cervexa de valde.
Este ano xoguei o partido de solteiros contra casados, estaba no bando dos casados, non por estar casado senón por "vivir en pecado". Non estivo mal, por non variar os solteiron mallaron nos casados, ó final vai ser verdade que o matrimonio (ou a vida en parella) non é bo para a saude e o rendemento no deporte. Eso si, o churrasco e o barrantes que caeu tralo partido axudaron a recuperalas forzas.
Nuns días terei rematado o DVD das festas de Porto, hai moito material e a montaxe require moito traballo xa que debe cumplir unha seríe de normas non escritas, coma a de que ten que aparecer todo o mundo e non ser pesado. Só faltame engadir un par de imaxes e logo poñerllela música.
Xa farei un resumo máis amplio das festas de Porto, merecense moito máis que unhas poucas liñas. En canto teña algo de tempo estará todo nunha web que estou a preparar sobre
Pontecesures.
O peor destas vacacións foron os últimos días, no que voltou aparecer algo que xa tiña esquencido, o lume nos montes. Mirara para o lado que mirara había un fume. Dende a miña casa este era o ceo, cun sol descoñecido tras o fume doutro incendio.