@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[20/10/2005] :: VMware Player

Onte WMware presentou o WMware player, unha ferramenta gratuita (para Linux e Windows) que permite executar máquinas virtuais creadas cas versión Workstation ou Server de WMware. Unha vez instalada podemos descargar unha máquina virtual e traballar con ela pola ridícula cifra de 0 Euros.

Ata aquí todo ben, e xorde unha dúbida, ¿ Podense crear máquinas virtuais de balde ?, non dende o WMware player pero hai unha forma moi sinxela de acadalo, e o mellor de todo ... legal.

Baixamos unha máquina virtual coma as que se amosan no Virtual Machine Center, eu baixei o Browser Appliance que é un ubuntu moi pechado, iniciei a máquina virtual, cambiei a orde de arranque (para que cargase un CD de inicio), e voila!, xa teño unha máquina virtual con FreeBSD 5.4 instalado ... XD, todo legal, todo funcionando perfectamente.

Comentarios

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 4 - 621 - 213 - 15 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios