@
Opcións
Dr Zippie...
Outros Blogs
Valid XHTML 1.0!

[26/06/2006] :: De volta as andadas

Teño uns veciños moi "curiosos", e están todo o día a fedellar na Wi-fi, non poden entrar pero por intentalo parece que non queda.

So podo dicir unha cousa deles, sonche realmente teimudos, pero bueno, ata o de agora non me preocupaba, xa que o que están a empregar non lles sirve para rompelo WPA do meu router, pero como xa estou canso, agora volto ás andadas, e vou a xogar con eles, si entran, quedareime con todo o que fan (Contrasinais de correo, páxinas web que visitan, ...)

Si, volto á parte escura, pero simplemente para unha "proba de concepto": Mañan danme un router Linksys WiFi con Linux que porei con WEP (e unha clave sinxela 12345) con acceso a internet, cunha pequena particularidade, e é que este router estará conectadó ó meu imac a unha máquina virtual (ainda non sei si con linux ou OpenBSD cun tunel), que é a que lle dará acceso a internet, desta forma poderán navegar e ter internet pero non verán as máquinas da miña rede, ... e a xogar cos curiosos, e logo darlles nas costas.

Será unha especie de "honeypot", pero que non busca incautos que se conecten senón só buscará "curiosos" que empreguen ferramentas para entrar en wifis "protexidas".

Si os resultados son interesantes igual amplio o radio para curiosos cunha antena omnidireccional exterior ... estouche realmente molesto por estas cousas e agora empezo un "eu contra o mundo" ... e espero que vaian aprendendo que teñen máis que perde que gañar si se dedican a entrar pola forza en redes alleas

Comentarios

[04/07/2006] De: Xavi :: wi-fi
Douche toda a razon, eu tamen teño wi-fi, pero que nadie se moleste en rastreala, posto que a teño oculta. Tamen farto, cortei polo san. En principio so a tiña con clave WEP, que a cambiaba moi ameudo asta que me petaron a porta a pedirme que compartira o contrasiñal pa asi poder ter tamen internet "pagando o que sea" me dixo o interesado, pero como se di en estos casos: "a ferramenta de traballo e a muller non se lle deixa a nadie". Por tanto cartas o asunto poñendo a miña rede mais protexida, contrasiñal WEP 128bit, oculta e acceso por MAC (que e algo como o numero de serie da tarxeta wi-fi)e o que queira navegar gratis que se acerque a biblioteca do concello que ten (ou tiña)a rede aberta. Xavi Pontecesures
[13/07/2006] De: jviares :: oculta?
Hola: a qué te refieres con ter a wifi oculta?
[13/07/2006] De: Dr Zippie :: ocultar unha rede Wifi
Imaxino que Xavi refirese a non publicar/anunciar (mediante broadcast) o SSID, e unha medida sinxela para que non se poida ver a rede wifi de forma normal, pero con calquera escaner wifi atopase, así que impide acceder os usuarios normales pero non ós usuarios maliciosos ou que teñan calquera ferramenta de seguridade.
[13/07/2006] De: jviares :: ok
Entendo. Si é eso.... estou de acordo: non e moita cousa, pero algo e algo. Ainda que esa clade wep reventase en nadiña de tempo, e o filtro por MAC, pouco mais leba. En realidad, eu sei a teoría pero non a práctica ehhhh, jajajaja

Engadir un novo comentario

URL:
Nome:
Titulo:
Operación: 13 - 115 - 212 - 15 =
Comentario:

É necesario por o resultado da operación matemática para engadir un comentario, tiven que poñer este método para evitar ós bots que non paran de meter spam coma comentarios